O Concello estrea patio cuberto no CEIP Tarrío

O CEIP de Tarrío xa dispón de nova cuberta no seu patio exterior tras as obras acometidas polo Concello de Culleredo. O goberno local decidiu incluír esta actuación, suxerida polos pais e a comunidade educativa, demostrando o seu "interese prioritario" pola educación, aínda cando a competencia é fundamentalmente autonómica.

O proxecto consistiu na instalación dunha gran cuberta na pista deportiva exterior e no arranxo do firme. Cunha estrutura de madeira laminada a unha auga, a cuberta permitirá o uso do patio con independencia da choiva, principal obxectivo que propuñan os proxenitores.

A empresa encargada da actuación finalizou o pintado do firme. Os escolares poderán gozar dela xa esta semana.

O Concello aproveitou o parón das clases polas vacacións de Nadal para a colocación da cuberta principal, que debido ás súas dimensións obrigou a realizar diversos cortes de tráfico na zona.

Os traballos supuxeron un investimento municipal de 147.015 euros, procedentes do remanente positivo de tesouraría. Coa cuberta lograrase que os escolares dispoñan dun espazo protexido para o recreo ou a práctica deportiva, complementando ao polideportivo, sen depender como até agora da situación meteorolóxica.


Próximas cubertas no Sofía Casanova e na Ría do Burgo

En total, o Concello investirá 614.000 euros do superávit en centros de ensino. Ao proxecto xa mencionado en Tarrío haberá que sumar a instalación de cubertas nos patios do CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e CEIP Ría do Burgo (Fonteculler).

No caso do colexio de Vilaboa, o obxectivo da actuación consistirá en cubrir o patio infantil para protexer os pequenos das inclemencias meteorolóxicas. Así se garantirá que poidan usar os xogos con independencia da choiva.

A cuberta proxectada terá unha estrutura de madeira laminada e tratada, dado que se atopa á intemperie e preto do mar. O teito, a unha auga, terá material translúcido para preservar a entrada de luz ás aulas da planta baixa.

Non será a única obra que o goberno local realizará no Sofía Casanova baixo este plan. O Concello renovará a pista polideportiva do centro, utilizada tanto para a docencia como para a práctica deportiva de clubs e veciños, ademais de actividades municipais.

O alcalde de Culleredo apunta que desde o goberno municipal están a facerse "todos os esforzos posibles" por contribuír a mellorar as prestacións dos colexios. Aínda que sexan da Xunta, o rexedor entende que é "prioritario" que os veciños conten con óptimas condicións educativas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina