O Concello de Culleredo deseñou unha variada programación de Entroido, con opcións para nenos e maiores, e residentes na zona urbana ou rural, como festexo arraigado que está no municipio.
A programación de Entroido comezou este venres 5, co Entroido de Maiores. Foi no centro social O Noso Lar, en Tarrío. Concursos de larpeiradas e de disfraces precederán ao tradicional baile que reuniu a decenas de maiores de todas as parroquias de Culleredo.
O sábado 6 desenvolverase o Entroido Infantil. Este ano terá lugar no centro social e recreativo de Rutis, en Vilaboa, desde as 17.00 horas. O evento é aberto a todos os pequenos de Culleredo, que poderán gozar de animación e música e degustar chocolate con churros, algodón ou flocos de millo de millo.
O mesmo sábado, pero ás 21.00 horas, Ledoño tamén celebrará o seu Entroido. Será no centro social, onde se poderán probar filloas e chocolate e baila ao ritmo do dúo Fantasía.
E o Luns de Entroido culminarán os actos co festexo máis histórico e tradicional do municipio: a Romaría de San Blas, en Veiga. Os choqueiros procedentes do municipio e arredores participarán no concurso de disfraces e xunto ao numeroso público asistente esperarán a lectura do Testamento, unha serie de coplas satíricas que darán un bo repaso á actualidade política, como sucede desde hai máis de 30 anos.
O Luns de Entroido de Veiga comezará ás 13.00 horas. Contará coas actuacións da Escola de Samba Malandros, Os Parados de Mera e a orquestra Fania.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
entroido_veiga.pdf | 1.44 MB | |
entroido_ledono.pdf | 170.88 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER