O Concello de Culleredo lanza unha nova edición dos seus campamentos urbanos de primavera, unha alternativa de lecer educativo para os días non lectivos da próxima Semana Santa. A acollida do tres primeiras edicións foi moi boa por parte das familias cullerdenses, o que leva ao goberno municipal a repetir coa experiencia.
Os campamentos urbanos de primavera celebraranse no Burgo, no CEIP Isaac Díaz Pardo. Terán lugar desde o 21 ao 28 de marzo, fóra dos días festivos e o sábado. Diríxense a nenos de 3 a 12 anos de idade, tendo preferencia os empadroados no municipio de Culleredo.
As actividades desenvolveranse en horario de 9.00 a 14.00 horas, salvo o luns 28 que se prolongará ata as 18.00 horas.
O programa de actividades estará guiado nesta ocasión polo coñecemento do municipio, que se quere difundir entre os pequenos. levarán a cabo actividades na contorna de Culleredo para promover o respecto ao medio.
O prazo de inscrición será do 7 ao 11 de marzo no Conservatorio Municipal de Música. Para proporcionar a máxima información ás familias participantes, haberá unha charla o 17 de marzo ás 20.15 horas en Vila Melania. Habilitarase un blog durante a actividade onde se colgará a programación diaria.
A concelleira de Educación e Cultura, Carmen Varela, destaca que se confeccionou unha iniciativa que trata de combinar a conciliación cun programa de actividades educativas e divertidas para os pequenos.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
diptico_inscricion_campamentos_primavera_2016.pdf | 237.33 KB | |
cartel_campamentos_primavera_2016.pdf | 312.46 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER