Acto principal do Día da Muller

Data : 
Martes, 8. Marzo 2016 - 19:00 - 21:00

O Concello de Culleredo amplía a programación de actos para conmemorar o Día da Muller. Nesta ocasión, a proposta municipal enfocará a celebración ás mulleres artesás de Culleredo, baixo o título de "Enfiando camiños". "O obxectivo é visibilizar o papel da muller neste campo e polo en valor", explica Lupe Pombo, concelleira de Benestar Social e Igualdade.

O acto central terá lugar o 8 de marzo, o propio Día da Muller, no Conservatorio Municipal de Música ás 19.00 horas. O Concello contará cunha artesá de referencia en Galicia, como é a zoqueira Elena Ferro, que dará unha charla explicando a súa experiencia de converter produtos artesanais en modernidade sen renunciar ao tradicional.

Xunto a ela, participará tamén un grupo de mulleres cullerdenses, que representan os diversos oficios artesáns, como son: Maruja Campá e Maruja Naya, as panadeiras da Panadaría Naya, Conchi Canoura, investigadora e deseñadora de encaixes, Pilar García, bordadora de Castro-Laxe, Marisol Conde, de Artesanías de Soedade, mestra de talleres de artesanía con mulleres de etnia xitana neste concello, Pepa Veira, de Fonteculler con labores con fío, e Mª Jesús Castiñeira, educadora que traballa con mulleres con discapacidade, no Centro Ocupacional A Escada.

A música estará presente no acto, contando con alumnas do Conservatorio para a apertura e coa cantante e instrumentalista local Lydia Botana, quen nos ofrecerá unha selección de pezas dos seus últimos discos.  O acto será aberto a toda a poboación.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina