Preparación para as oposicións destinadas a persoas con discapacidade intelectual

O pasado 7 de marzo saíu publicado no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de oposicións dirixida a persoas con discapacidade intelectual para a Xunta de Galicia. Nesta convocatoria ofértanse 6 prazas na categoría 003 (ordenanza e outras). Así mesmo está previsto que na 2017 a Xunta volva sacar outras 12 prazas dirixidas a este perfil.
 
A Asociación DISMACOR en colaboración co Concello de Culleredo previu formar un grupo de preparación para estas probas. O obxectivo é favorecer ás persoas con este perfil para tratar de superar a oposición e acceder ao posto.
 
Para presentarse a esta categoría é preciso ser maior de 16 anos e ter recoñecida unha discapacidade intelectual en grao igual ou superior ao 33%. O prazo para realizar as solicitudes está aberto ata o 28 de marzo. E espérase que o exame sexa sobre o mes de setembro do 2016.
 
As persoas interesadas ou que precisen máis información desta iniciativa poden contactar coa asociación no correo electrónico dismacor@mundo-r.com ou no teléfono 666728827.
 
Sobre Dismacor
 
DISMACOR naceu como unha asociación comarcal sen ánimo de lucro no ano 2001 no Concello de Culleredo. Foi cando un grupo de familias uníronse, preocupadas pola inclusión, desenvolvemento e educación dos seus fillos con discapacidade. A súa finalidade era tentar conseguir en conxunto  algúns dos servizos que lles resultaba máis complicado obter de maneira individual.
 
O obxectivo básico da entidade é o de facilitar a inclusión de todas as persoas con discapacidade na sociedade. A asociación busca que estas persoas poidan vivir cos demais e participar das mesmas actividades que eles, ter unha vida o máis normalizada posible na que poidan ser aceptados, respectados e entendidos pola sociedade en xeral.
 
Por esta razón, a asociación realiza actividades inclusivas nas que participan persoas con e sen discapacidade. Deste xeito pensamos que todos poden colaborar e aprender.
 
Actualmente, Dismacor conta cun equipo de profesionais entre os que hai psicólogos, psicopedagogos, logopedas, mestres, graduados en Ciencias do Deporte... Os servizos cos que conta na actualidade son:
  • Servizos de atención especializada:
    • Servizo de atención Psicolóxica e Psicoeducativa a domicilio.
    • Servizo de atención Psicopedagógica a domicilio.
    • Servizo de atención logopédica a domicilio.
  • Ademais cos seguintes programas:
    • Programa de Musicoterapia inclusiva
    • Programa de Danzaterapia inclusiva
    • Programa de cociña
A maioría destas actividades contan co respaldo e subvencións da Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e do Concello de Culleredo. Na actualidade a asociación conta cunhas 100 familias asociadas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina