O Concello e a Xunta asinan o convenio para o centro de atención a mulleres

O Concello de Culleredo e a Xunta de Galicia acaban de asinar o convenio de colaboración para o mantemento do centro de acollida para a atención de mulleres vítimas de violencia de xénero, do que é titular o Concello. Co acordo, o Concello recibe a axuda autonómica para o funcionamento deste recurso social, en marcha desde 1991.
 
O convenio, asinado polo alcalde, Julio Sacristán, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, supón o financiamento de 46.000 euros para o centro. O Concello poderá destinalos tanto a gasto corrente como a labores de asistencia psicolóxica e xurídica.
 
Con este servizo, o Concello de Culleredo atende e trata tanto ás mulleres vítimas da violencia de xénero como aos seus fillos. Cando é posible tamén recibe a mulleres do resto da provincia e de Galicia.
 
O Concello, ademais desta axuda autonómica, conta anualmente con outro convenio coa Deputación da Coruña para facer posible este servizo integral de apoio, acollida e recuperación.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina