Dous veciños de Orro vencen no XVIII Campionato de Tute

O Concello de Culleredo celebrou a pasada fin de semana a gran final do seu Campionato de Tute, que alcanzou este curso o seu XVIII edición. A cita celebrouse no Centro Social Ledoñés e congregou a numeroso público.

O título de gañadores decidiuse nunha partida entre dúas parellas de Orro: Martulo e Tonio, e Iván e José Ramón. Os primeiros resultaron os vencedores. O terceiro e cuarto posto dirimiuse entre unha do Bar A Palma (Manolo e Juan) que gañou á do Bar Lamelas (Jacinto e Domingo).

Os gañadores recibiron o premio de mans da concelleira de Participación Cidadá, Carmen Varela, acompañada polo presidente do Centro Social Ledoñés, Álvaro Martínez, e o xuíz do torneo, Fernando Precedo. No acto, o Concello fixo entrega tamén dun recordo conmemorativo ao Centro Social Ledoñés que celebra este ano o seu 50 aniversario.

A Concellaría de Participación Cidadá, que organiza o torneo coa colaboración das asociacións de veciños e dos centros sociais e culturais, destaca o enorme interese que cada ano suscita este tradicional campionato. Trátase dunha competición moi arraigada en todas as parroquias cullerdenses, cunha participación anual de centos de persoas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina