Últimas prazas nos campamentos urbanos para mozos e mozas

O Concello de Culleredo finaliza mañá, xoves 16 de xuño, o prazo de inscrición nos campamentos urbanos específicos para mozos. En concreto, o campamento que queda algunha vacante é o destinado a rapaces de 12 e 13 anos de idade, que terá lugar nas dúas primeiras semanas de xullo.
 
O Concello dá así un novo paso nas alternativas de lecer para os seus veciños na época estival con campamentos para mozos, baseados en deportes de aventura. Neste caso realizaranse opcións como o rugbytag, o softbol, mazaball, kin-ball,ou ultimate. Tamén haberá xeocaching, modalidade que utilizando un GPS consiste en atopar obxectos escondidos.
 
Estes campamentos desenvolveranse na contorna do paseo e na polideportivo Ría do Burgo. Haberá dúas quendas dunha semana. O primeiro do 4 ao 8 de xullo e o segundo do 11 ao 15 do mesmo mes.
 
As actividades son totalmente gratuítas. Para inscribirse é posible acudir ao centro municipal Pablo Picasso mañá antes das 14.00 horas, ou chamar o 981 664204.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina