O Concello de Culleredo aproveitará o verán para ofrecer clases públicas de reforzo escolar aos alumnos que o necesiten. O programa Ponte a Punto é unha iniciativa enmarcada no plan do Concello contra o fracaso escolar, que ten como finalidade axudar aos estudantes con maiores dificultades a sacar adiante o curso.
Nestas Aulas de reforzo educativo trabállase o apoio educativo nas diferentes materias, a resolución de dúbidas, a preparación de probas e traballos académicos, e a impartición de actividades específicas de motivación ao estudo encamiñadas a potenciar o rendemento académico do alumnado.
O Concello lanza este programa para un rango amplo de cursos: de 3º a 6º de Primaria, de 1º a 4º de ESO, e 1º e 2º de FPB. Os grupos terán un mínimo de 6 alumnos e ata un máximo de 15. O prazo de inscrición comeza o 27 de xuño e as clases iniciaranse o 4 de xullo en Vila Melania.
* Corrección de erros: o horario das clases na ESO é de 12.00 a 14.00 horas, non de 13.00 a 13.45 horas como figura erroneamente no folleto.
Preparación para as probas libres da ESO
O Concello de Culleredo ofrece ademais clases de apoio para preparar as probas libres coas que se pode obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O programa Supérate permitirá a mozos que no seu día abandonaron os estudos completar a formación Secundaria Obrigatoria.
As clases e sesións de reforzo axudarán aos participantes a comprender os contidos dos exames. Os mozos tamén recibirán orientación sobre as posibles saídas laborais ou de continuación de estudos unha vez conseguido o aprobado nas probas.
Tamén comezarán o 4 de xullo en Vila Melania. E o prazo para apuntarse empeza o 27 deste mes.
Información
Pódese obter máis información no Departamento Municipal de Educación, sito en Vila Melania (Vilaboa), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Ou por teléfono no 981 66 12 08. E por mail en educacion@culleredo.org.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
programa_ponte_a_punto_2016.pdf | 553.23 KB | |
programa_superate_2016.pdf | 122.32 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER