En marcha as obras de ampliación da rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Culleredo executa outra actuación para continuar completando o servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión, o goberno local leva a cabo a dotación de rede de recollida de fecais e tamén de recollida de augas pluviais na zona de Valiñas e Sueiro.

Os traballos consisten na instalación dun colector de fecais con catro pozos de rexistro, que permitirán o servizo de rede de sumidoiros, e dun colector de pluviais con catro sumidoiros. Así mesmo disporase formigón nas cunetas.

O orzamento da actuación alcanza os 22.392,88 euros. O prazo de execución das obras é dun mes.

Para o desenvolvemento da actuación é necesario realizar cortes regulados mediante semáforo na AC-400.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina