O Concello de Culleredo aprobou en pleno a determinación dos festivos locais para o 2017, decisión que debe ser tomada e notificada á Consellería de Traballo antes do 30 de setembro.
Nesta ocasión, manterase o patrón do municipio, San Estevo, que se celebra o 26 de decembro, e o Martes de Entroido, que cae o 28 de febreiro, como festivos locais.
O día de San Juan, festividade local os últimos anos e elixido pola Xunta de Galicia como festa a nivel autonómico este ano, é sábado en 2017.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER