O Concello abre o venres a tempada de exposicións culturais

O Concello de Culleredo comeza este venres, 9 de setembro, a súa tempada de exposicións culturais. Como vén sendo habitual, o Concello ofrece unha exposición mes a mes para levar as distintas manifestacións artísticas aos cidadáns de Culleredo.
 
Nesta ocasión, a mostra que abre o programa será a de Adriana Azzimonti, pintora de orixe arxentina. A inauguración da exposición será o venres ás 20.30 horas, na aula de Natureza do Burgo.
 
A exposición estará instalada en Culleredo ata o 8 de outubro. Pódese visitar en horario de 18.00 a 21.00 horas, de luns a sábado, e os sábados ademais tamén de 11.00 a 13.00 horas.
 
A concelleira de Cultura, Carmen Varela, avanza que o programa conterá exposicións inéditas en Culleredo, de moitas variedades. A edila asegura que "merecerá a pena" achegarse polo botánico para gozar das creacións.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina