Ledoño conmemora os 50 anos do seu centro cultural

Ledoño vive este ano unha data moi especial paa os seus veciños. O emblemático Centro Cultural Ledoñés cumpre os seus 50 anos de vida e por ese motivo os veciños, coa colaboración do Concello de Culleredo, organizaron unha celebración especial, que terá lugar este sábado, 10 de setembro.
 
A concelleira de Educación e Cultura, Carmen Varela, mantivo unha reunión cos veciños que hoxe xestionan o centro para pechar todos os detalles do evento.
 
Comezará a partir das 20.00 horas no Centro Cultural. Comezará co descubrimento dunha placa conmemorativa do 50 aniversario. O Concello incluíu o texto de recordo tamén en braille.
 
Logo abrirase a exposición preparada polo Centro Cultural sobre a parroquia de Ledoño. Será un percorrido fotográfico polos últimos 50 anos da parroquia. E tamén haberá unha actividade para os máis pequenos: unha actuación de maxia. 
 
Será unha gran festa, moi emotiva, para Ledoño e contará tamén coa presenza do alcalde, Julio Sacristán.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina