O Concello de Culleredo abrirá a Biblioteca do Burgo, así como o rexistro, o vindeiro luns, 12 de setembro. Como xa se avanzara, unha vez terminadas as obras de remodelación do Edificio de Servizos Múltiples, e tras a dotación do mobiliario, reábrese toda a instalación.
Aos servizos de Cultura, Deportes e Educación, xa instalados en Servizos Múltiples, unirase o luns o rexistro e a Biblioteca.
Na planta baixa poderanse atopar todas as oficinas municipais. No caso de Educación, o servizo da psicóloga municipal, con plans como o de absentismo, mantense en Vila Melanoa (Vilaboa).
Na primeira planta reabre a Biblioteca, coa sala infantil que presenta nova cara coa creación dun recuncho específico para bebés, repintado en cores vivas e máis elementos decorativos.
No soto está o auditorio e a sala anexa, xa abertas antes do verán.