Programa especial de Radio Culleredo con motivo do Día Mundial do Linfoma

O Concello de Culleredo e AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) conmemorarán o Día Mundial do Linfoma, o próximo 15 de setembro, cun programa especial na emisora municipal de radio co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a enfermidade.
 
Serán varios os intervinientes no especial de Radio Culleredo. Falará Begoña Barrágán, presidenta de AEAL, sobre estas enfermidades e os servizos que presta a asociación a nivel estatal. Jose María Freire, psicólogo e condutor do grupo de apoio mutuo de persoas e familiares con cancro que organiza o Concello e a asociación, abordará o traballo a nivel psicolóxico a realizar e da importancia do apoio mutuo. 
 
Finalmente, Francisco Furtado, afectado de leucemia, dará a súa opinión como paciente das dificultades que entraña o proceso de diagnóstico, tratamento e posterior integración.
 
Culleredo e AEAL contan cun convenio de colaboración desde o ano 2011, que ten por obxecto o apoio psicosocial de persoas con calquera tipo de cancro e dos seus familiares. Froito deste convenio, desenvólvese no Concello un  grupo de apoio mutuo. O grupo está dirixido por un psicólogo especializado e reúnese todos os primeiros e terceiros xoves de mes no Centro de Servizos Sociais de Vilaboa.
 
Para participar nel pódese facer vía telefónica, chamando ao teléfono do departamento municipal de Sanidade de Culleredo (981 654 570), ou mandando unha mensaxe a dirección de correo electrónico: fj.hurtado@aeal.es.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina