O Concello de Culleredo celebrará mañá xoves, 13 de outubro, o Día Internacional da Muller Rural. Trátase dunha data pensada para visibilizar o importante papel da muller no ámbito rural, algo especialmente relevante en Galicia.
A conmemoración consistirá nun encontro, baixo a denominación de "Lonxe e preto" no que se combinará o debate coa formación. Será de 17.30 a 20.30 horas na reitoral de Celas.
As asistentes participarán nun taller sobre ferramentas dixitais ao alcance de calquera persoa no seu móbil ou tablet ou computador. Será impartido por Verónica Ramallal, da empresa Pekecha. Logo xerarase unha charla para analizar as posibilidades de futuro das mulleres no rural.
A xornada contará así mesmo coa actuación dunha coñecida cantautora da zona, que de forma altruísta interpretará algunhas pezas.
A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, anima ás mulleres de Culleredo, así como a calquera veciño interesado en sumar a este tema, a participar na xornada. A entrada ao encontro será libre e gratuíta.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER