O Concello de Culleredo dedica a celebración do Samaín aos seus mozos. A Festa do Samaín será este venres, 28 de outubro, en horario de 18.00 a 23.00 horas no novo Centro Cívico de Fonteculler, dirixida a mozos a partir dos 12 anos de idade.
Será un festexo completo, ambientado ao 100% no Samaín. De especial atracción será o "túnel do terror" que se vai a instalar, con moitas sorpresas para os participantes.
Haberá talleres de maquillaxe FX, cócteles sen alcol e un divertida flash mob. Non faltará a música e os mozos poderán bailar na discoteca que se montará.
A Concellaría de Xuventude tirará de imaxinación para que a festa teña a mellor ambientación, acorde cos intereses dos mozos. Non é necesaria a inscrición previa para asistir ao evento.