O Concello alega contra o trazado da liña de Rede Eléctrica pola afección ao Monte Xalo

O Concello de Culleredo acaba de presentar as súas alegacións no período de consultas da avaliación do impacto ambiental do proxecto de trazado eléctrico que promove Rede Eléctrica. O municipio de Culleredo vese afectado pola liña proxectada, aérea e coa instalación de torretas que en función do terreo poderían superar os 60 metros de altura cunha separación entre si de entre 5 e 12 metros.
 
O Concello de Culleredo rexeita todas as alternativas de trazado que ofrece o proxecto. En todos os casos a liña atravesaría o Monte Xalo, cuestión á que se opón rotundamente o goberno local.
 
O Xalo conta cun elevado valor paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico e neles sustenta o Concello as súas alegacións, tal e como recolle o informe técnico remitido. O monte está incluído no catálogo de paisaxes de Galicia e forma parte do espazo protexido da Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo funcionando como zona tampón. Isto é, desempeña na reserva unha función intrínseca de conservación da diversidade biolóxica e antropolóxica.
 
Como mostra desta biodiversidade da contorna, o Concello adxunta un informe redactado polo Grupo Naturalista Hábitat que define as especies de interese botánico que deben ser protexidas. 
 
O informe municipal incide ademais en que nas zonas dos trazados propostos existen diferentes hábitats naturais, e en concreto algúns cualificados como prioritarios segundo a directiva europea 92/43/CEE: brezales húmidos atlánticos de zonas de templazas de Erica Ciliaris e Erica Tetralix.
 
Ademais, o Concello basea as súas alegacións no traballo que xa iniciou coas comunidades de montes do Xalo e de Castelo para desenvolver un proxecto de posta en valor da riqueza natural do espazo. A execución da vía verde, unha senda pola antiga vía do tren, tamén se vería gravemente afectada o trazado de Rede Eléctrica.
 
Por todo iso, o informe técnico é desfavorable ás catro posibilidades de trazado do proxecto. Como alternativa posible, o informe apunta a un trazado que non toque o hábitat do Xalo. Salvaría o Xalo discorrendo en parte polo termo da Laracha, volvendo a Culleredo ao atravesar a AC-523 cara ao monte Carboeiro, evitando tamén o coto de Bregua, até a ligazón coa autovía A-6 en Souto
 
Posteriormente a liña diríxese á zona da Zapateira. O Concello esixe na alegación, dado que non está suficientemente definido o inicio da liña subterránea, que está comece como mínimo 360 metros antes da última casa das Enchouzas.
 
 
Reunións con asociacións e veciños
 
Desde que recibiu a documentación do proxecto, o goberno local mantivo diversas reunións con veciños e asociacións de cara a defender en conxunto os intereses do municipio e confeccionar as alegacións. Os contactos realizáronse con veciños do Xalo, Boedo e Bregua, e a asociación en Man Común do Monte Xalo. Tamén se levaron a cabo reunións co Grupo Naturalista Hábitat e os técnicos da Reserva de Biosfera, dado valor natural do espazo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina