"Ponte na miña pel, non na miña praza": campaña do Concello e ASEM

Todas as prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida do municipio de Culleredo contan con esta semana cunha placa adicional á sinalización de tráfico. Reza "Ponte na miña pel, non na miña praza", buscando sensibilizar de uso exclusivo para estes usuarios.

É unha campaña impulsada polo Concello de Culleredo e a asociación ASEM. "Buscamos tocar a fibra sensible dos condutores", sinala José Ramón Rioboo, primeiro tenente de alcalde.

As placas son moi visibles e queren erradicar condutas incívicas que supoñen grandes molestias ás persoas que de verdade necesitan este especio reservado. "Non se debe nin pensar en parar un segundo nestas prazas", considera Rioboo, que explica que a vixilancia especial da Policía Local vai da man de accións sensibilizadoras como esta.

A maiores, o Concello está a emprender traballos de mellora do pintado destas prazas. Naqueles casos onde se deteriorou a pintura encargouse a súa renovación, en cor azul, para garantir a súa visibilidade.

Con todo isto, o primeiro tenente de alcalde espera que se erradiquen estes malos hábitos  dalgúns condutores, aínda que resalta, que a maioría de veciños respecta estas prazas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina