O alcalde pide á Xunta fondos para renovar as redes de auga e crear unha gran senda fluvial

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, desprazouse a Santiago para manter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, con obxecto de abordar importantes actuacións de futuro no municipio.

En primeiro lugar, o rexedor trasladou á conselleira o proxecto de renovación da rede de abastecemento de auga desde o futuro novo depósito que instalará Emalcsa en Alvedro con obxecto de asegurar o servizo na comarca. Esta actuación permitiría modernizar a rede que fornece ao Burgo, Vilaboa, e partes dos municipios de Oleiros, Cambre e Sada.

O investimento alcanzará os 1,3 millóns de euros e, dado ese carácter supramunicipal e a importancia  da actuación para un servizo básico, Sacristán solicitou o financiamento da Xunta de Galicia. Mato comprometeuse a estudar detidamente a proposta e a tratar de incluír xa unha consignación nos orzamentos autonómicos de 2017.

Sacristán explica que a modernización da rede permite previr as avarías, xunto cun mantemento continuado, e asegurar un servizo sen apenas incidencias.

E en segundo lugar, o alcalde propuxo á titular de Medio Ambiente a cesión ao Concello dos terreos que conforman a senda do río Mero polo lado de Culleredo. Mato mostrou o seu acordo e a Xunta fará a tramitación oportuna para o traspaso.

A idea de Sacristán é a creación dun gran roteiro fluvial que parta do Burgo discorrendo en paralelo ao río Mero até A Telva. Alí continuaría polo río Valiñas até Alvedro onde enlazaría co rego da Regueira até Tarrío, uníndose ao parque recentemente creado coas obras de ampliación do aeroporto.

Para levar a cabo este proxecto o Concello de Culleredo destinará fondos da estratexia DUSI que mereceu a concesión de fondos europeos FEDER. Coa idea, explica o primeiro edil, aproveitarase este corredor fluvial para xerar unha nova ruta verd? e aumentar a mobilidade peonil entre a zona rural e a urbana.

Sacristán agradece a disposición mostrada pola conselleira para facer viables estes dous proxectos  de calado para Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina