O Concello de Culleredo pon en marcha unha campaña que ten como obxectivo, por unha banda, conseguir xoguetes e agasallos para os nenos e nenas das familias sen recursos de Culleredo e de por outro ofrecer unha canle para a solidariedade veciñal que ano tras ano mostra o seu desexo de colaborar na consecución deste fin .
A campaña ten varias opcións de participación. Ata o xoves 15 de decembro están habilitados puntos de doazón de xoguetes e agasallos novos, ou en moi bo estado, en varios lugares do concello:
Outra maneira diferente de colaborar nesta acción solidaria é formando parte do voluntariado que traballará nas liñas de cooperación ata o 22 de decembro, que rematan as entregas dos agasallos recompilados. Son benvidas tanto as colaboracións dun día como de varios.
Para iso é necesario chamar ao teléfono 981 65 45 70 do Centro municipal de servizos sociais onde tamén se atopa a Oficina Municipal de Voluntariado.
As asociacións e entidades do concello que organicen pola súa conta unha recollida de doazóns que queiran achegar a esta campaña poden facelo nestas mesmas datas directamente no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo contactando previamente coa técnica responsable da Campaña no teléfono mencionado.
A entrega dos xoguetes ás familias , previamente contactadas, terá lugar a partir do 16 de decembro. Aquelas familias que por primeira vez queiran ser tidas en conta como beneficiarias desta campaña, e que non fosen contactadas desde os servizos sociais pódense dirixir ao seu centro de servizos sociais do Burgo ou Vilaboa para solicitar unha cita coa a súa traballadora social .
A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, anima a cidadanía a sumarse en calquera destas formas para bater a marca de doazóns e axudar a que todas as familias con nenos conten cos seus agasallos nesta época tan especial.
Esta campaña municipal realízase de maneira coordinada con Cáritas e a Asociacion Abrente que traballan en Culleredo, e nela colaboran cos técnicos municipais, o voluntariado municipal e as alumnas de grao de Educación Social da Universidade da Coruña.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER