Os XV Xogos da Amizade de Judo reunirán este sábado, 22 de xaneiro, a centos de nenos en Culleredo. A cita vai realizarse no Polideportivo do Colexio Rías Altas, a partir das 10:00, coa colaboración do Concello de Culleredo.
O concelleiro de Deportes de Culleredo, Miguel Suárez, agradece a organización dunha proba, na que o compañeirismo e intercambio de experiencias é o primeiro obxectivo.