O Concello de Culleredo acolle, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, unha xornada informativa sobre as cláusulas chan. Terá lugar o martes 14 de febreiro ás 20.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
A charla pretende asesorar e apoiar aos afectados sobre cuestións como as reclamacións, as opcións de que dispoñen ou os gastos hipotecarios.
Para máis información é posible contactar coa Unión de Consumidores de Galicia no 981 586 696.