Culleredo celebra o Galicia Graves con figuras de contrabaixo de renome mundial

Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2017, o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acolle a cuarta edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves e a terceira edición do Concurso Internacional de Contrabaixo Galicia Graves, organizado pola asociación Galicia Graves e o Concello de Culleredo co fin de promover este instrumento en xeral e especialmente nesta área de Galicia.
 
Nesta ocasión as citas volverán contar con profesores, solistas e compositores do máis alto nivel internacional neste instrumento, xa que o profesorado deste ano estará formado por:
  • Gabriele Ragghianti, solista e profesor no Instituto de Estudos Musicais Superiores Luigi Boccherini de Lucca (Italia) e profesor do Royal College of Music de Londres
  • David Heyes, solista, compositor, editor, historiador e profesor como Specialist Double Bass Titor na Wells Cathedral School (Reino Unido) desde hai máis de 16 anos e foi Contemporary Performer in Residence do Royal Northern College of Music de Manchester por un ano. Tamén é o Consultor Especialista en Contrabaixo para os exames internacionais do Trinity College London e revisor externo dos exames da MTB. 
  • Michael Klinghoffer, solista, autor, decano de Artes e profesor titular de Contrabaixo na Academia de Música e Danza de Xerusalén, Israel e formado en EEUU nas universidades de Yale e Hartford Hartt
  • Diego Zecharies, solista, contrabaixo principal da OSG e profesor asociado na ESMAE (Portugal) e profesor da Cátedra de contrabaixo de Montevideo (Uruguai).
Todos eles, ademais de clases maxistrais, ofrecerán dous concertos gratuítos e abertos ao publico en xeral, até completar aforamento, no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio municipal. Os concertos serán o sábado 18 de febreiro ás 20:00h. e o domingo 19 de febreiro ás 19:30h.
 
Estes dous concertos, ademais de ter aos profesores desta edición, contarán con artistas invitados vindos de diferentes países como son Sarah Poole, soprano (Reino Unido), Shani Imbar, guitarrista (Israel) e o tamén contrabaixista e compositor galego Simón García.
 
O programa escollido polos mestres contará con varias estreas en España de pezas como "A Bass Valse" de Teppo Hauta-aho, "Fantaia Spagnola" de Simón García, "The Clock Slows Down" de Tony Osborne, "Tintagel", "Serenity" e "The Last Poppy" de David Heyes; ademais de tres estreas mundiais das pezas "Alfabia" de David Heyes, "The Scent of Spanish Concrete: Impressions for unaccompanied Double bass" de P. Kellach Waddle e o dúo para guitarra e contrabaixo "The River of Life" de Simón García.
 
A fase final do Concurso Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2017 tamén estará aberta ao público que así o desexe e terá lugar no auditorio o venres 17 de febreiro a partir das 16:00h. Na fase final do concurso participarán un total de 14 aspirantes ao Premio de Interpretación Galicia Graves 2017 e ao Premio Novo Talento Galicia Graves 2017, este último destinado a estudantes de 14 anos ou menos. 
 
Os finalistas, vindos de diferentes países como España, México, Turquía, Portugal ou China, terán que interpretar as composicións do Compositor Residente Galicia Graves 2017 David Heyes (Reino Unido).
 
A concelleira de Cultura, Carmen Varela, destaca o prestixioso cartel da cita. "É un orgullo para Culleredo contar cun festival deste nivel", apunta, convencida de que é un "fiel reflexo" do traballo de calidade que se está desenvolvendo no Conservatorio.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina