O Concello de Culleredo celebrá o Entroido 2017 por todo o alto, con opcións para os veciños de todas as idades.
Os actos comezarán o venres 24 ás 17.00 horas, co Entroido de Maiores. Será no Centro Cultural de Vilaboa, con concurso de disfraces e de larpeiradas incluidos. A inscrición pódese facer a través dis delegados parroquiais ou nos números 981 654 570 e 699 506 414. Haberá servizo de buses gratuitos.
O sábado 25 chegaralle a quenda aos máis pequenos. A partir das 17.00 horas tamén no Centro Cultural de Vilaboa desenvolverase una gran Festa Infantil á que están convidados todos os nenos e nenas. Actuarán as Pamisuki e haberá música, animación, palomiñas, algodón de zucre e chocolate con churros para todos.
E luns 27 chegará o tradicional Entroido de Veiga, coa Romería de San Brais na contorna da igrexa desde as 13.00 horas. A música correrá a cargo da Orquestra Fania e das comparsas. Non faltará o concurso de disfraces e a lectura do testante, unha serie de coplas satíricas sobre a actualidade.
Será un Entroido no que o Concello agarda a participación de centos de veciños.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
entroido_maiores_2017.pdf | 774.71 KB | |
entroido_infantil_culleredo_2017.pdf | 36.77 KB | |
entroido_veiga_2017.pdf | 106.45 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER