Culleredo celebra unha xornada informativa para empresas e entidades interesadas nas axudas do Golfo Ártabro Sur

O pasado luns 13 de Febreiro, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur", do que forma parte Culleredo, asinou o Convenio de Colaboración da Consellería do Mar para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) no marco do Desenvolvemento Sostible das Zonas de Pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)2014-2020.
 
Ante a proximidade da convocatoría para a presentación de proxectos ao abeiro deste convenio, con prazo que remata o vindeiro 1 de marzo (incluído), o GALP preparou unha seríe de xornadas informativas ao longo do territorio.
 
En Culleredo terá lugar o martes 21 de febreiro ás 18.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
 
Estas xornadas son abertas ao público e enfócanse a todas as persoas, institucións, entidades e colectivos sociais dos concellos do GALP, as cales poden ser beneficiarias do programa de axudas (entidades e asociacións do sector pesqueiro, asociacións de empresarios, comerciantes, hostaleiros, asociación culturais, medioambientalistas, etc.; persoas emprendedoras, ou con idea de promover proxectos de carácter social ou empresarial, etc.).
 
Nas xornadas explicarase a EDLP e aclararanse todas as dúbidas relativas ao programa de axudas que xestiona o Grupo. As xornadas terán unha duración estimada dunha hora e media.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina