O Campionato Galego de Descenso chegará o 4 e 5 de marzo a Culleredo, coa celebración do VI Descenso do Xalo, unha das probas estrela da tempada e que nos últimos anos reuniu a uns 150 deportistas.
O sábado 4, en horario de 10.00 a 13.30 horas terán lugar os adestramentos libres, e en horario de 15.00 a 19.00 horas, os oficiais.
O domingo 5 será a proba. A fase clasificatoria comezará ás 10.30 horas e a final ás 12.30.
O VI Descenso do Xalo está organizado polo School Riders Team, coa colaboración do Concello de Culleredo, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Ciclismo, entre outros.
A inscrición, de 25 euros, está aberta en www.magmasports.es.