O Concello investirá 170.000 na ampliación do saneamento en Orro

O Concello de Culleredo ampliará a rede de saneamento na parroquia de Orro, dando así resposta a unha das necesidades trasladadas polos veciños da zona. En concreto, o novo proxecto encargado polo goberno local dotará do servizo aos núcleos de Orro Novo e As Caíñas, na contorna dos quilómetros 1,080 a 2,935 da estrada principal, a DP-0510.
 
O goberno local xa dispón do proxecto, que suporá un investimento de 170.648,76 euros. Acometerase a cargo das arcas municipais.
 
A actuación consistirá na conexión destes núcleos, con decenas de vivendas, á rede de saneamento xa existente. O proxecto executarase en catro tramos. Instalaranse en total 1.122 metros de colector e 30 pozos de rexistro.
 
Unha das complexidades da actuación consistirá en que será necesario cruzar a autovía A-6. Nun caso empregarase un paso inferior xa existente e noutro haberá que executar unha perforación.
 
Instalaranse ademais dous ramais nos quilómetros 1,865 e 2,935 para dar servizo a vivendas situadas nas proximidades.
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, resalta a importancia da obra para os veciños da zona, que mellorarán notablemente as condicións das súas vivendas cun servizo básico. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina