Os Concellos de Cambre e Culleredo acaban de completar o seu proxecto conxunto da mellora da iluminación na ponte antiga do Burgo, que une os dous municipios. Os traballos consistiron na renovación das luminarias e mellora do sistema, que levaba tempo con deficiencias.
As dúas administracións uniron esforzos para atender as demandas dos veciños. A dotación dunha nova iluminación incrementa de forma notable a seguridade na ponte, limitado ao paso peonil, ademais de realzar a súa beleza patrimonial.
O proxecto demorouse pola necesidade de contar coa autorización pertinente de Patrimonio. O investimento foi de 15.082 euros.
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o primeiro tenente de alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, comprobaron o resultado das obras. Destacan que a nova iluminación favorecerá a seguridade para centos de veciños de Cambre e Culleredo que utilizan a diario a ponte.