Os escolares de 9 e 10 anos de Culleredo vivirán o domingo, 26 de marzo, a súa primeira Copa Escolar. Será no polideportivo do CEIP Ría do Burgo e contará coa participación de pequenos dese colexio e do Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo, Tarrío e Ponte Pasaxe.
A cita está organizada polo Club Baloncesto Culleredo coa colaboración do Concello de Culleredo. Pretende como principal obxectivo a convivencia entre os pequenos.
De feito non se tratará dun torneo ao uso, xa que non haberá nin marcador e os nenos se autoarbitrarán.
Prevese a participación de 80 escolares das categorías prebenxamín e benxamín. A Copa celebrarase de 17.00 a 20.00 horas.