O Concello de Culleredo acomete unha nova obra de mellora da súa rede viaria. Nesta ocasión, trátase da renovación do firme no acceso á Zapateira, en concreto con Los Olivos desde Orro.
As obras incluíron o asfaltado da vía e a instalación de rede de drenaxe. Agora, o Concello completará a obra coa dotación de sinalización viaria e barreiras de defensa.
O Concello inviste 34.400 euros á actuación, cofinanciados pola Deputación da Coruña a través do Plan de Aforro e Investimento (PAI).
O goberno municipal programou este proxecto de acordo ás necesidades en servizos básicos transmitidas polos veciños da zona.