Os días 4 e 6 de abril celebráronse no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso, os sorteos para a adxudicación das prazas dos cursos de formación propia que se impulsan desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego.
O martes tivo lugar o sorteo correspondente ao curso de competencias clave, que terá duás edicións. O xoves celebrouse o sorteo dos cursos integrados no Plan municipal de formación do ano 2017, composto por oito cursos, e que ofertan 148 prazas preferentemente para persoal desempregado do Concello de Culleredo.
Toda a información relativa a estes sorteos e as datas de comezo dos mesmos, pódese consultar no taboleiro de anuncios do Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER