O Concello de Culleredo ofrece a través do Conservatorio Municipal de Música unha ampla formación musical que abarca moitas especialidades. Trátase dun completo programa de ensino regulado que reúne a máis de 200 alumnos nas súas aulas.
O Conservatorio lanza a matriculación para o próximo curso. A inscrición nas probas de acceso ao primeiro curso do grao elemental comprenderá entre o 5 de maio e o 14 de xuño. Haberá unha reunión informativa para as familias interesadas o xoves 4 ás 20:00 horas.
Para os seguintes cursos de elemental, de 2º a 6º, o prazo empezará o martes, 2 de maio, e prolongarase ata o 30 de xuño.
Para o primeiro curso de grao profesional, o período de inscrición fíxase para o mes de xuño, en concreto do 12 ao 15. E para o grao de iniciación establécese un período de preinscrición entre o 19 de xuño e o 7 de xullo.
Para que os posibles novos alumnos coñezan as distintas posibilidades instrumentais, o Conservatorio celebrará a finais maio as súas xornadas de portas abertas. Quen se achegue á dependencia municipal situada en Acea de Ama poderá presenciar como se manexan as clases cos distintos instrumentos. Serán os días 23, 25 e 26 de 17.00 a 20.00 horas.