O Concello organiza a VI Carreira pola Ría do Burgo o 14 de maio

O paseo marítimo do Burgo será escenario o próximo 14 de maio da VI Carreira pola Ría do Burgo, cita que cada ano acolle a un maior número de runners de toda Galicia. A proba, organizada polo Concello de Culleredo, está incluída no circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.
 
O Concello abriu no día de hoxe a inscrición para a carreira. Permanecerá aberta ata o mércores 10 de maio na web www.carreirasgalegas.com.
 
Como vén sendo habitual, a proba contará con distintas categorías para fomentar a participación da cidadanía. A categoría absoluta constará dun percorrido de 10 quilómetros pola zona verde do paseo do Burgo, unha da maiores da área metropolitana.
 
Para menores haberá categorías de xuvenil, cadete, e infantil, cun trazado de 2 quilómetros, e alevín e benxamín, dun quilómetro. Tamén haberá unha carreira simbólica para os máis pequenos, xa sen clasificación.
 
A medición de tempos levará a cabo mediante chips nos dorsais que se poderán recoller previamente. Haberá avituallamentos ao final e en metade da carreira.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina