O Concello de Culleredo organiza unha nova edición da súa Feira de Artesanía o vindeiro mércores 17 de maio, en coincidencia co Días das Letras Galegas. Será na praza de Europa do Burgo en horario de 12.00 a 20.00 horas.
Na xornada haberá postos de 40 artesáns, de todo tipo de modalidades, procedentes de diferentes localidades galegas.
Ao londo do día, o Concello programa diferentes eventos:
12:00 - 14:00 e 16:00 - 20:00 Obradoiros infantís
12:30 Actuacións dos grupos folclóricos Catalmibre e Ancoradoira
16:30 - 19:30 O Circo de Piter (obradoiros circenses)
19:30 Actuación do Mago Teto "O Afiador"