O Concello ensina a riqueza patrimonial e natural de Culleredo a 1.000 escolares

O Concello de Culleredo desenvolve anualmente unha programación didáctica cos colexios en diferentes ámbitos. Trátase dunha formación que complementa á regulada e que se acorda cos propios docentes.
 
Entre eses ámbitos atópase a educación patrimonial e natural. Baixo a premisa de que é importante que os escolares coñezan as orixes e os recursos do municipio no que viven, o Concello organiza rutas didácticas para descubrir a historia e a natureza de Culleredo.
 
Son uns 1.000 escolares dos colexios de Tarrío, Sofía Casanova (Vilaboa), Isaac Díaz Pardo (O Burgo) Ría do Burgo e Ponte Pasaxe (Fonteculler) os que participan. As actividades desenvólvense este mes de maio.
 
O programa estrutúrase en tres bloques. A ruta didáctica polos vestixios do pasado leva aos alumnos de 3º e 4º á Torre de Celas, a igrexa do Burgo e a ponte antiga, tres elementos crave. A ruta didáctica pola Idade Moderna concéntrase no Pazo de Vilaboa, para alumnos de 5º e 6º.
 
No apartado natural, o Concello leva a escolares de 6º ao Monte Xalo, un percorrido que o Concello potencia nas aulas desde hai moitos anos.  E aos de 2º aos ríos e muíños do municipio.
 
Hoxe os alumnos de 4º de Tarrío coñeceron a historia da ponte e a igrexa do Burgo. De forma moi didáctica e entretida, mostráronse moi atentos á representación histórica.
 
A concelleira de Educación, Carmen Varela, destaca a importancia de "coñecer as túas raíces, máxime cando vives nun lugar con tanto patrimonio de diferentes épocas". A edila sostén que este tipo de actividades axudan a "entender a historia" ao vela en primeira persoa.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina