O Concello de Culleredo organiza o sábado 11 de xuño o seu emblemático Festival de Patinaxe Artística, que chega á edición XXIII. Será ás 17.00 horas no polideportivo do Burgo.
Participarán o clube de Patinaxe Aura, a Escola Municipal de Patinaxe, e os grupos das ANPA do colexio de Tarrío e do Isaac Díaz Pardo.