Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de educador/a social (persoal funcionario interino)
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 05 de xuño de 2017 aprobou a convocatoria e as bases da convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de educador/a social (persoal funcionario interino).
A presente convocatoria rexerase pola citadas bases aprobadas na Xunta de Goberno Local de 05 de xuño de 2017 e polas Bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal, mediante listas de substitución e que se publican nesta páxina web como documento anexo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Prazo presentación solicitudes. No BOP do 21 de xuño de 2017 (núm. 116), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 22 de xuño ao 03 de xullo de 2017, ambos inclusive.
Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (do 17 ao 23 de outubro de 2017) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión.
Lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez rematado o prazo establecido, a lista provisional elévase a definitiva.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER