O Concello de Culleredo achegará o seu granito de area a axudar aos veciños que se atopan en situación de desemprego de longa duración. O goberno local efectuou a contratación de 10 veciños e veciñas con estas características laborais para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
O pasado venres conformouse a brigada, baixo a denominación de Culleredo Social, que terá unha duración de sete meses, ata o mes de abril incluído. A contratación será de 28 horas á semana, o que propiciou que o número de beneficiarios fose maior.
O obxectivo dos traballos da brigada será realizar tarefas de conservación en espazos naturais e promover melloras en zonas públicas do municipio. Con este proxecto de inserción laboral, o Concello quere mellorar a empregabilidade dos participantes a través da adquisición da práctica e experiencia profesional necesarias para facilitar a súa incorporación ao traballo.
Esta acción únese ao programa de formación laboral que executa cada ano o Concello de Culleredo como camiño de axuda ás persoas en paro de face a buscar a súa inserción laboral.