O polideportivo municipal de Vilaboa xa volve funcionar tras as obras de modenización acometidas no verán polo Concello de Culleredo. A instalación, xa veterana, requiría dunha importante renovación para incrementar as súas prestacións aos usuarios.
O Concello reabre a infraestrutura para a súa utilización por parte tanto do alumnado do CEIP Sofía Casanova como dos participantes nas actividades municipais e os compoñentes dos clubs que adestran nela. As obras de remodelación acometéronse no período non lectivo para non afectar o desenvolvemento das actividades e da docencia.