Dende a Concellería de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas do Concello de Culleredo vanse levar a cabo cursos de Aplicador/a Manipulador/a de Productos Fitosanitarios ( Nivel básico).
Deben realizar este curso todas aquelas persoas que desexen solicitar o carné de Manipulador/a de Produtos Fitosanitarios, posto que o diploma acreditativo de ter superado o curso é un requisito indispensable que se exixe para obter dito carné. (R.D. 1311/2012 de 14 de setembro polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. BOE nº 223, do 15 de setembro de 2012):
- Agricultores/as que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación.
- Persoal auxiliar de empresas e explotacións agrarias dedicadas á aplicación de productos fitosanitarios.
- O persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de productos fitosanitarios.
O obxectivo deste curso é asimilar os coñecementos xerais en materia de axentes productores de danos nos cultivos e a analise e valoración destes, así como os métodos de loita e protección máis axeitados a cada caso; profundizar no coñecemento dos procedementos indicados para a manipulación e utilización de praguicidas e o tratamento dos residuos tras o seu uso; completar os coñecementos referidos á maquinaria de aplicación de praguicidas; potenciar a prevención de riscos laborais, optimizando a saúde laboral, a protección do medio ambiente e o uso das boas prácticas fitosanitarias e actualizar os coñecementos sobre aspectos referidos á Seguridade Social Agraria.