O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Segovia e aos seus arredores do 24 ao 27 de outubro.
A expedición, que conta cun número máximo de 45 prazas, partirá o 24 de outubro ás 7:30 horas da mañá dese Castelo. Na ruta programada, ademais da cidade de Segovia, os participantes coñecerán Pedraza, La Granja de San Ildefonso, Palacio Real de Riofrío e Ávila.
Os interesados teñen ata o 10 de outubro para anotarse e poden formalizar a súa preinscrición nos Centros municipais dos servizos sociais do Burgo e Vilaboa, ou a través das delegadas e delegados parroquiais do Club +65. Tamén no teléfono 699 506 414 (de 9 a 14 horas).
O prezo xeral da viaxe, con pensión completa no Hotel Spa Mudejar e entradas aos monumentos, para persoas empadroadas en Culleredo é de 315 €. Ademais, existen unha serie de bonificacións para aqueles que sexan Soci@s do Club +65, que pertenzan ao Voluntariado Culleredo, persoas con discapacidade, con tarxeta de desemprego ou familias numerosas. Para os non empadroados a tarifa é de 335 €.
A adxudicación de prazas realizarase por sorteo público o 11 de outubro ás 11 horas na Sala municipal de actividades Celia e Esperanza Brañas, na Costa da Lonxa - O Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER