Culleredo conmemora o Día da Muller Rural

O Concello de Culleredo conmemorou onte mércores 11 o Día da Muller Rural cunha xornada con éxito de participación, ao congregar a máis de medio centenar de persoas na reitoral de Celas. A maioría eran mulleres veciñas das parroquias rurais do municipio.
 
A concelleira de Benestar, Lupe Pombo, asistiu ao acto e deu a benvida ás participantes, a quen animou a aproveitar os recursos formativos e de asesoramento cos que contan desde a administración.
 
O Concello optou por unha xornada de formación para a efeméride. Este ano apostou pola psicoloxía co chamado mindfullness, técnica para afrontar as situacións que se presentan na vida cunha mente plena.
 
A sesión foi impartida por Elena García Paz, psicóloga sanitaria da Universidade da Coruña, especialista en Desenvolvemento Persoal e Profesional.
 
Houbo ademais unha actuación musical a cargo de Selva Gijón Yubero, do Conservatorio Municipal. A xornada levou por título "Cos pés na terra e a semente agromando".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina