Visiblemente emocionado compareceu o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, para informar da súa decisión de renunciar á alcaldía, que fará efectiva no día de mañá. O rexedor, que vén gañando as eleccións municipais desde 1983, explicou que toma a determinación por motivos exclusivamente persoais e familiares, cun gran cansanzo acumulado, sinalou, especialmente nos últimos tres anos.
"Despois de tantos anos en primeira liña, vivindo diariamente para o traballo no Concello, teño dereito a descansar e desfrutar da miña familia", expresou.
Acompanado dos concelleiros do equipo de goberno, o alcalde tivo palabras de agradecemento para os seus compañeiros, para os edís da oposición, para os traballadores municipais e por suposto para os veciños de Culleredo.
Como feitos máis destacados do seu paso pola alcaldía lembrou a recuperación do paseo marítimodo Burgo, antes ocupado pola fábrica La Cros, ou a posta en marcha dos centros educativos e deportivos ou servizos como o abastecemento e o saneamento.
Agora, confesou, pasará a ser un veciño activo. "É difícil que eu estea parado".
Sacristán presentará mañá oficialmente a súa renuncia, que será efectiva pola tarde no pleno. Desde ese momento, e de forma provisional ata que se celebre o pleno de elección no do novo rexedor, será alcalde en funcións o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER