O Concello de Culleredo asinou o protocolo de adhesión á campaña "En negro contra as violencias machistas". A través dela, anímase a toda a comunidade: educativa, comercios, asociacións, e veciños e veciñas en xeral; a implicarse na conmemoración do 25 de novembro, día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
“Culleredo en negro” propón vestir de loito ou colocar nas fiestras panos ou prendas negras en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á mais dura das súas consecuencias, a morte.
Consideramos que son os veciños e as veciñas quenes deben ter o protagonismo nas rúas e son o gran escaparate que pode transmitir a cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade:
Queremos Culleredo libre de violencia!
Do 23 ao 26 de novembro viste de negro a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto de mercado...
Ademais durante estas semanas están a impartirse, por parte de técnicas municipais, obradoiros sobre a prevención da violencia de xénero nos centros de ensino da localidade, desde onde se tenta facer unha toma de conciencia sobre a necesaria educación nas relacións igualitarias e positivas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER