Culleredo lanza as súas Aulas de Reforzo Escolar para primaria e secundaria

Culleredo impulsa aulas de reforzo educativo para impartir clases de apoio aos alumnos do municipio tras a conclusión do horario lectivo. É unha iniciativa enmarcada no plan do Concello contra o fracaso escolar, que ten como finalidade axudar aos estudantes con maiores dificultades a sacar adiante o curso.
 
A actividade, denominada 'Ponte a punto', constará de dúas sesións semanais de 1,5 ou 2 horas de duración con grupos de Primaria e Secundaria. Para Educación Primaria desenvolveranse nos CEIP Isaac Díaz Pardo e Ría do Burgo. As de Educación Secundaria desenvolveranse en Vila Melania e no centro cívico de Fonteculler.
 
Nestas Aulas de reforzo educativo trabállase o apoio educativo nas diferentes materias, a resolución de dúbidas, a preparación de probas e traballos académicos, e a impartición de actividades específicas de motivación ao estudo encamiñadas a potenciar o rendemento académico do alumnado. 
 
Os grupos terán un mínimo de 8 alumnos e ata un máximo de 15. As clases comezarán en xaneiro e será necesario inscribirse a partir do 11 de decembro. 
 
Preparación para as probas libres da ESO 
 
O Concello de Culleredo ofrece ademais clases de apoio para preparar as probas libres coas que se pode obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O programa 'Supérate' permitirá a mozos que no seu día abandonaron os estudos completar a formación Secundaria Obrigatoria.
 
As clases e sesións de reforzo axudarán aos participantes para comprender os contidos dos exames. Os mozos tamén recibirán orientación sobre as posibles saídas laborais ou de continuación de estudos unha vez conseguido o aprobado nas probas. 
 
Os grupos serán en Vila Melania tamén a partir de xaneiro. Inscricións abertas desde o 11 ao 21 de decembro.
 
Vista previaAdxuntoTamaño
Díptico Supérate87.42 KB
Díptico Ponte a Punto686.73 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina