O alcalde de Culleredo e o presidente da Deputación reafirman o compromiso conxunto polo funcionamento da Escada

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, recibiu hoxe ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na que foi a súa primeira visita oficial ao municipio. Como primeiro paso do acto elixiron o centro ocupacional A Escada, de titularidade municipal e cofinanciado pola Deputación, no que se traballa na autonomía personal de persoas con discapacidade intelectual.

“Se trata da mellor visita que podemos facer, xa que é un proxecto do que nos sentimos verdadeiramente orgullosos”, comentou o titular provincial.

A Escada, con 27 anos de actividade, é o primeiro centro de estas características 100% municipal de Galicia. Ofrece un servizo de terapia ocupacional orientado ao emprego, cun programa de adestramento en habilidades laborais, e tamén organiza distintos obradoiros e actividades de convivencia, co obxectivo de favorecer a autonomía persoal e social dos alumnos. Rioboo e Formoso amosaron o seu compromiso para seguir colaborando no funcionamento neste "centro de referencia".

Os alumnos traballan agora na realización de diferentes adornos para o Nadal. En base a encargos obteñen uns ingresos que logo usan para as súas viaxes. "Son proxectos que lles motivan e favorecen a súa autonomía e iniciativa", explicou Rioboo.

Unha das creacións é unha árbore de Nadal con base de cartón pluma, que fan en diferentes tamaños. O presidente non dubidou en facer xa un encargo para os centros de menores que xestiona a Deputación.

 

Propostas do alcalde

Tras a visita ao centro, o presidente da Deputación e o alcalde mantiveron un encontro na Casa do Concello, onde abordaron os distintos proxectos nos que colaboran ambas institucións.

Rioboo aproveitou para facerlle dúas propostas. A primeira consiste na transferencia de vías provinciais situadas na contorna urbana ao Concello de Culleredo. O obxectivo é poder telas de primeira man para a realización da conservación e actuacións de acordo coas necesidades dos veciños. Algunas das estradas serían a rúa do Edificio de Servizos Múltiples ou a avenida de Rutis.

A segunda proposta trasladada por Rioboo versa sobre a execución de medidas de seguridade viaria en estradas provincias. Unha delas sería a creación de sendas peonís entre Ledoño e Peiro, unha petición dos residentes na zona.

O alcalde agradeceu a visita do presidente provincial e destacou “a colaboración durante os últimos dous anos”, para acometer proxectos moi importantes para o municipio, coma a execución do carril bici ou a mellora e ampliación da estrada DP0510 de Confurco a Orro.

Respecto a este proxecto, Riobóo afirmou que se trata dunha “obra moi demandada por parte dos cidadáns e que vai mellorar a seguridade viaria dunha parroquia importante dentro do noso concello”.

As obras, nas que a Deputación inviste 1.215.705 euros a este proxecto, ademais de 136.313,65 € para as expropiacións do 141 predios que se verán afectados, consistirán na ampliación da estrada ata 7 metros de ancho.  Incluirán a creación dunha senda peonil de dous metros de ancho, a execución dunha nova rotonda e a mellora do trazado, co fin de incrementar a seguridade viaria e favorecer o tránsito dos viandantes.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina