Os obradoiros de Nadal terán 2 tramos de idade, por unha banda de 5-11 anos con opcións en Villa Melania e Fonteculler, e pola outra as actividades para mozos de 12-17 anos agrupadas no 'Nadal Xove' que terán lugar en Fonteculler. Todos se celebran os días 27, 28 e 29 de decembro.
A inscrición, que será según orde de chegada, é presencial e pódese facer ata o venres 22 de decembro en horario de 9 a 14 h no C. M. Pablo Picasso, e de 16 a 19 h no Edificio Municipal de Servizos Multiples. Hai 20 prazas por día.
'Nadal Xove' para mozos de 12-17 anos. No Centro Cívico Virginia Blanco de Fonteculler.
- Mércores 27 de decembro Muffins con decoración navideña.
- Xoves 28 de decembro Carteiriñas de Mandala.
- Venres 29 de decembro Portavelas con motivo do Nadal.
'Nadal en Culleredo' para rapazada de 5-11 anos en horario de 18 a 20 horas.
Fonteculler:
- Mércores 27 de decembro Recortables dos Reis Magos.
- Xoves 28 de decembro Obradoiro de Galletas.
- Venres 29 de decembro Tres en raia de emoticonos.
Villa Melania (Vilaboa)
- Mércores 27 de decembro Obradoiro de Galletas.
- Xoves 28 de decembro Recortables dos Reis Magos.
- Venres 29 de decembro Tres en raia de emoticonos.