O Concello de Culleredo aproba o POS 2018

O Concello de Culleredo celebrou o mércores 20 de decembro un pleno extraordinario urxente con motivo da aprobación do Plan de Obras e Servizos (POS+ 2018) que financia a Deputación da Coruña. A proposta ascendeu a 1.549.869,77 euros.

A urxencia da sesión veu motivada pola necesidade de presentar hoxe no organismo provincial a solicitude de subvención. Non se puido realizar antes polo inxente traballo que requiriron os proxectos e a súa tramitación por parte dos técnicos municipais. A urxencia do pleno foi ratificada co voto favorable unánime da corporación.
 
O plan cullerdense reserva 1.108.978,69 euros para investimentos. O goberno local contou coas achegas do grupo da Marea Veciñal de Culleredo e do edil de Cidadáns para a elaboración da proposta.
 
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, destaca os proxectos dedicados á rede viaria, “unha das principais preocupacións dos veciños”.  Acometerase a primeira fase da renovación do pavimento na urbanización A Ría, a mellora viaria en Vinxeira Grande, na rúa  Penaloureira, no cruzamento de San Cosme, na rúa Regueiro, en Ledoño e na estrada da  Ermida de Ternande. Sumarán 362.242,51 euros.  
 
O rexedor avanza que “tanto nos orzamentos municipais como na estratexia de desenvolvemento a cargo dos fondos europeos as actuacións de mellora urbana serán unha constante”. “Temos proxectos para todas as parroquias”, sinala.   
 
En canto a iluminación modernizarase na urbanización Augas Mansas, na praza de Santa Gema, en  As Brañas, na rúa Ferrocarril, en Celas e na urbanización A Ría. Sumarán 149.799,43 euros.  
A nivel de espazos urbanos, o Concello aposta por un proxecto de envergadura para o paseo marítimo do Burgo. Destínanse 251.248,70 euros para a renovación das beirarrúas dunha das zonas verdes con maior afluencia de persoas da comarca. En materia de equipamentos inclúese un proxecto de renovación da Biblioteca Municipal, sita en Servizos Múltiples, cun orzamento de 105.522,96 euros. E dotarase de equipamento ao arquivo municipal por 48.570,83 euros. 
 
Os parques infantís, un dos principais esforzos do Concello nos últimos anos, reciben boa parte dos fondos. Renovaranse os parques do centro social de Orro, da urbanización  Vallesur, do paseo marítimo en Os Templarios, e cubrirase o de As Brañas (Fonteculler). Estas actuacións sumarán 191.594,48 euros.   
 
Para o gasto corrente dedícanse 440.891,08 euros. Isto permitirá ao Concello lograr no orzamento municipal de 2018 máis fondos propios para investimentos, sen depender dos requisitos desta convocatoria provincial.  
 
O plan foi aprobado cos votos a favor do grupo de goberno, a Marea  Veciñal de Culleredo e Cidadáns. O resto de edís abstívose.
 
O alcalde agradeceu no pleno o "enorme esforzo" realizado nas últimas semanas polos técnicos municipais dos distintos departamentos na elaboración dos proxectos que hoxe se aprobaron. Mostrouse orgulloso do alto nivel do funcionariado en Culleredo. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina