Culleredo acollerá a primeira gala solidaria da Asociación Galega de Transplante de Medula Ósea

Baixo o nome de “Baila ata a médula” estréase este ano unha gala solidaria co ánimo de colaborar cos nenos que padecen de cancro  hematológico. Organizada pola Asociación Galega de Transplante de Medula Ósea coa colaboración do  Concello de Culleredo, terá lugar o domingo 14 de xaneiro a partir das 18.00 horas no Edificio de  Servizos Múltiples.
 
A celebración contará a actuación musical da Escola Paso a Paso, con baile moderno, jazz, ou capoeira. E co monólogo de Carmen Méndez, actriz de sériea Pazo de Familia.
 
Ofrecerase chocolate con churros gratis para todos os asistentes. Tamén se sorteará unha camiseta do Deportivo asinada polos xogadores e dous do Basquet Coruña.
 
As entradas pódense adquirir por 6 euros polos seguintes medios: Farmacia Alberto Cepeda Suárez (Acea de Ama),  Il Vía (Vilaboa), Paso a paso (rúa Francisco Añón) ou a través do mail culleredo@asotrame.com.
 
A recadación irá destinada a sufragar unha excursión dos pequenos oncolóxicos a unha granxa escola.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina